6 de outubro de 2015

TRABALLOS CTA 2015/16

Publicarei por aquí tódolos traballos do curso 2015/16 para a materia de Ciencias da Terra e do medioambiente


COLTÁN [Entrega o 28/04/2016]

  1. Situación actual do negocio internacional: necesidades industriais, comercio regulado, tráfico ilegal, países implicados.
  2. Sostibilidade:
    1. Do recurso mineral.
    2. Económica.
    3. Social.
    4. Natural.
  3. Bibliografía, webgrafía, documentais empregados para documentarse.

    Documentais de referencia posible:


UNHA VERDADE INCÓMODA [Entrega o 28/01/2016]

Tras ver o documental:
  • Breve resumo das ideas principais.
  • Resposta razoadamente ás seguintes cuestións:
• Ao comezo do filme menciónanse de forma explícita as controvertidas eleccións do ano 2000, nas que Al Gore saiu derrotado tras un polémico reconto de votos. Como cres que influiu esta experiencia política de final frustrante na elaboración deste documental? Atopas relación entre ambos feitos?

• Coñeces algunha civilización que puidera desaparecer polos efectos dun cambio climático? Busca información sobre o final das civilizacións maya e exipcia, elabora un breve informe.

• Comenta a frase de Al Gore: “Éste no es un problema político, sino que se trata de un problema moral. Si permitimos que esto pase, tenemos un grave problema ético”.

• Comenta a frase pronunciada por George Bush pai: “Si triunfan las teorías de Al Gore estaremos saturados de búhos pero ningún estadounidense tendrá empleo”.

• Nas palabras finais do documental resúmense as accións que cada un pode realizar para frear o cambio climático. Tendo en conta os resultados da tua pegada ecolóxica, que accións teráis que levar a cabo ti? Anota os teus resultados e analízalos.
  • Comentario persoal crítico sobre a película incluíndo, cando menos, aspectos estéticos, políticos e sobre todo os referidos a materia de Ciencias da Terra e do medioambiente.
  • Webgrafía e bibliografía
  • Webs de interese:

 

PEGADA ECOLÓXICA [Entrega o 20/10/2015]

  • Cos datos obtidos na web: tuhuellaecologica.org, debe realizarse un informe que debe conter, como mínimo, os seguintes elementos:
    • Resumo dos resultados persoais nos catro campos analizados: enerxía, transporte, auga e resíduos.
    • Comparativa coa media do estado e do mundo.
    • Análise crítica dos aspectos que poden mellorarse e como facelo.
    • Análise crítica dos aspectos que non poden mellorarse e os porqués.
    • Comentario persoal do que implica o teu gasto individual.

Comentario de NOTICIAS [Entrega cada exame]

  • De cada BLOQUE DE CONTIDOS, a entregar o día do exame da devandito bloque, deben buscarse 2 noticias relacionadas co bloque.
  • As noticias poden ser de prensa escrita, internet, radio ou televisión, sempre que podan ser atopadas/reproducidas de novo máis adiante.
  • De cada unha das noticias se entregará un informe que deberá conter, como mínimo, os seguintes elementos:
    • Título orixinal.
    • Autor/es da noticia.
    • Fonte da que se obtivo: datos precisos que permitan visualizala (datos de hemeroteca, url...).
    • Resumo da noticia.
    • Análise crítica das fontes gráficas empregadas (se as hai).
    • Comentario persoal que relacione os contidos da materia cos datos aportados pola noticia.
    • Bibliografía/webgrafía empregada para realizar o informe.

7 de abril de 2015

Traballo: Río EBRO

TRABALLO: RÍO EBRO - INUNDACIÓNS 2015

Deberá realizarse unha recopilación de datos das crecidas do río Ebro durante este ano, para poder realizar un traballo que terá, cando menos, os seguintes puntos:
  • Hidrograma do Ebro nunha localidade (se propón Zaragoza, pero hai datos nos xornais doutras localidades). No hidrograma se reflectirán:
    • Os datos das dúas inundacións que aconteceron este ano.
    • Os datos do caudal normal (anterior as enchentes) e actual do río.
    • O momento da chuvia ou desxeo na cabeceira do río que orixina a enchente.
  • Estudo dos diferentes factores de risco neste caso concreto, empregando datos reais.
  • Danos causados.
  • Posibles medidas correctoras e preventivas que se propoñen.

Posibles fontes de información:
  1. Prensa.
  2. Confederación Hidrográfica del Ebro, ou o sistema automático de información hidrolóxica do mesmo río.