2ºBACH CIENCIAS da TERRA e MA.

TEMARIO
BLOQUE I: INTRODUCIÓN ÁS CIENCIAS AMBIENTAIS

BLOQUE II: BIOSFERA

BLOQUE III: XEOSFERA
 
BLOQUE IV: CAPAS FLUIDAS

BLOQUE V: RECURSOS

BLOQUE VI: XESTIÓN AMBIENTAL

 __________________________________________________________________

TRABALLOS OBRIGATORIOS

CADA EXAME: Comentario de NOTICIAS
  • De cada BLOQUE DE CONTIDOS, a entregar o día do exame do devandito bloque, deben buscarse 2 noticias relacionadas co bloque.
  • As noticias poden ser de prensa escrita, internet, radio ou televisión, sempre que podan ser atopadas/reproducidas de novo máis adiante.
  • De cada unha das noticias se entregará un informe que deberá conter, como mínimo, os seguintes elementos:
    • Título orixinal.
    • Autor/es da noticia.
    • Fonte da que se obtivo: datos precisos que permitan visualizala (datos de hemeroteca, url...).
    • Resumo da noticia.
    • Análise crítica das fontes gráficas empregadas (se as hai).
    • Comentario persoal que relacione os contidos da materia cos datos aportados pola noticia.
    • Bibliografía/webgrafía empregada para realizar o informe (diferentes da dirección onde se obtivo).

1ªAVALIACIÓN: PEGADA ECOLÓXICA
  • Cos datos obtidos na web: tuhuellaecologica.org, debe realizarse un informe que debe conter, como mínimo, os seguintes elementos:
    • Resumo dos resultados persoais nos catro campos analizados: enerxía, transporte, auga e resíduos.
    • Comparativa coa media do estado e do mundo.
    • Análise crítica dos aspectos que poden mellorarse e como facelo.
    • Análise crítica dos aspectos que non poden mellorarse e os porqués.
    • Comentario persoal do que implica o teu gasto individual.

2ªAVALIACIÓN: BEFORE THE FLOOD
 Tras ver o documental:
  • Breve resumo das ideas principais.
  • Comentario persoal crítico sobre a película incluíndo, cando menos, aspectos estéticos, políticos e sobre todo os referidos a materia de Ciencias da Terra e do medioambiente.
  • Webgrafía e bibliografía
  • Webs de interese:

3ªAV: COLTÁN
  1. Situación actual do negocio internacional: necesidades industriais, comercio regulado, tráfico ilegal, países implicados.
  2. Sostibilidade:
    1. Do recurso mineral.
    2. Económica.
    3. Social.
    4. Natural.
  3. Bibliografía, webgrafía, documentais empregados para documentarse.
Documentais de referencia posible:
 
___________________________________________________________________

EXAMES PAAU GALICIA

Vos poño os enlaces directos aos últimos exames desta materia das PAAU de Galicia. Máis información na páxina da Comisión Interuniversitaria de Galicia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario