1ºBACH BIOLOXÍA E XEOLOXÍA



TEMARIO


TRABALLOS OBRIGATORIOS


CADA EXAME: Comentario de NOTICIAS

  • A entregar o día do exame (como moi tarde), deben buscarse 2 noticias relacionadas coas unidades do devandito exame.
  • As noticias poden ser de prensa escrita, internet, radio ou televisión, sempre que podan ser atopadas/reproducidas de novo máis adiante.
  • De cada unha das noticias se entregará un informe que deberá conter, como mínimo, os seguintes elementos:
    • Título orixinal.
    • Autor/es da noticia.
    • Fonte da que se obtivo: datos precisos que permitan visualizala (datos de hemeroteca, url...).
    • Resumo da noticia.
    • Análise crítica das fontes gráficas empregadas (se as hai).
    • Comentario persoal que relacione os contidos da materia cos datos aportados pola noticia.
    • Bibliografía/webgrafía empregada para realizar o informe (diferentes da dirección onde se obtivo).
 

PRESENTACIÓN EN DIAPOSITIVAS: O TEMPO XEOLÓXICO

Deberedes crear unha presentación de diapositivas, que explique os métodos de datación, e un dos grandes períodos nos que está dividida a Historia da Terra (repartindo entre todos os alumnos todos os períodos):
  • Precámbrico.
  • Paleozoico, era Primaria.
  • Mesozoico, era Secundaria.
  • Cenozoico: era Terciaria.
  • Cenozoico: era Cuaternaria.

O traballo será individual, aínda que no exame haberá preguntas de todos os traballos.
A presentación terá a seguinte estrutura:
  1. Portada
  2. Introdución e índice
  3. Desenvolvemento dos contidos
  4. Conclusións
  5. Fontes consultadas

Após a presentación haberá unha quenda de preguntas dos compañeiros/profesor.
O tempo de exposición será de 10-12 minutos, con 5 minutos de preguntas posteriores.


A calificación terá en conta os seguintes aspectos:

  • Uso correcto do tempo.
  • Elementos requeridos.
  • Deseño atractivo.
  • Ortografía e gramática.
  • Gráficas/imaxes empregadas.
  • Contido completo.
  • Respostas ás preguntas dos compañeiros/profesor.
  • Preguntas realizadas aos compañeiros que expoñan.

TRABALLOS DO ALUMNADO CURSO 2019/20:

TRABALLOS DO ALUMNADO CURSO 2018/19:

Ningún comentario:

Publicar un comentario