7 de abril de 2015

Traballo: Río EBRO

TRABALLO: RÍO EBRO - INUNDACIÓNS 2015

Deberá realizarse unha recopilación de datos das crecidas do río Ebro durante este ano, para poder realizar un traballo que terá, cando menos, os seguintes puntos:
  • Hidrograma do Ebro nunha localidade (se propón Zaragoza, pero hai datos nos xornais doutras localidades). No hidrograma se reflectirán:
    • Os datos das dúas inundacións que aconteceron este ano.
    • Os datos do caudal normal (anterior as enchentes) e actual do río.
    • O momento da chuvia ou desxeo na cabeceira do río que orixina a enchente.
  • Estudo dos diferentes factores de risco neste caso concreto, empregando datos reais.
  • Danos causados.
  • Posibles medidas correctoras e preventivas que se propoñen.

Posibles fontes de información:
  1. Prensa.
  2. Confederación Hidrográfica del Ebro, ou o sistema automático de información hidrolóxica do mesmo río.